martes, 10 de febrero de 2009

Historias para ler e mirar


“Nova entrega desta colección editada pola Xunta de Galicia en conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil, coa colaboración da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). Recolle catro relatos: A viaxe, de Breogán Riveiro parte do premio que por ter deixado de fumar se regalou a si mesmo o pai de Suso: un GPS. Para estrealo montaron no coche e deixáronse guiar por el deica o supermercado, a trescentos metros, e mesmo marcharon a Santiago para xantar nun restaurante xaponés pescado cru (…).
Fran Alonso entra no Café Tropical, un Café virtual ao que vai a xente para cumprir os seus anceios, persoas solitarias como o Velliño (que coa súa longa tristura de elefante dicía vir do País dos Soños), a Personaxe (unha nena alegre e divertida que quería ser Persoa e non habitar só nas narracións) ou o Cazador de Bolboretas Brancas. (…).
Elvira Pérez conta a aventura de atopar Un emoticón na bandexa de entrada: antes de almorzar, María conéctase ao Messenger e charla con Antón, que non irá a clases porque está malo. Pídelle que lle envíe un esquema de Naturais; el envíalle un emoticón de despedida, que ao principio é diminuto e logo colle o tamaño dun rostro humano, instálase e reinicia o pc. (…).
Finalmente, no SMS de Carlos Mosteiro, a Brais sóalle de novo a musiquiña no móbil: é a terceira mensaxe que lle manda Marcos sobre a "Operación Lois" ou "Operación Pringado". Pero el non está convencido pois Lois nunca lle fixera nada e mesmo lle apuntara nun exame e grazas a iso aprobara (…).”.


Autores: RIVEIRO, Breogán / ALONSO, Fran / PÉREZ, Elvira & MOSTEIRO, Carlos
Ilustración: Isorna, Fausto
Editorial: Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Colección Lagarto Pintado.
Ano: 2007
Extensión: 67 p.
ISBN: C-967-2007

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.